1 de decembro de 1945
A química María Teresa Toral é encarcerada por segunda vez. A premio nobel Irène Joliot-Curie media na causa e a presión internacional logra que a súa condena se reduza a dous anos de prisión
2 de decembro de 1929
Descóbrese en Zhoukoudian (China) o cranio case completo do chamado "home de Pequín" (Homo erectus pekinensis). Datado en 780.000 anos, é unha peza fundamental no crebacabezas da evolución humana
3 de decembro de 1800
Realízase a primeira vacinación masiva en España contra a varíola. Realízaa o médico Francesc Piguillem en Puigcerdà (Xirona), coa vacina descuberta por Edward Jenner en 1798
4 de decembro de 1131
Falece o matemático, astrónomo e poeta Omar Jayam. Corrixiu o calendario zoroástrico (persa), que segue utilizándose actualmente en Irán e Afganistán
5 de decembro de 2026
Celébrase, como cada ano desde 2013, o Día Mundial do Solo, para concienciar sobre a importancia dun solo saudable e promover a súa xestión sostible
6 de decembro de 1586
Nace Niccolò Zucchi, frade xesuíta, astrónomo e físico. Entre os seus inventos, un telescopio reflector con que observou por primeira vez as bandas de Xúpiter
7 de decembro de 1995
A sonda atmosférica da misión Galileo ingresa na atmosfera do planeta Xúpiter, tras seis anos de viaxe, realizando as primeiras medicións directas deste planeta xigante gasoso
8 de decembro de 1994
Científicos do GSI, centro de investigación alemán, dirixidos por Sigurd Hofmann, logran crear por primeira vez o elemento químico roentgenio ao fusionar bismuto e níquel
9 de decembro de 1905
Nace a destacada profesora Angie Turner King, unha das primeiras mulleres afroamericanas con título en Química e Matemáticas e un doutoramento. Inspirou a estudantes como Katherine Johnson
10 de decembro de 1911
Marie Skłodowska-Curie recibe o seu segundo Nobel, esta vez en Química, por descubrir os elementos polonio e radio; foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en diferentes ciencias
11 de decembro de 1972
A misión Apolo 17 aluou no val de Taurus-Littrow. Foi a última vez que humanos camiñaron sobre a Lúa, o cal marcou a fin das misións Apolo
12 de decembro de 1891
Publícase o Diccionario de la Historia Natural de Odón de Buen que introduce a xeografía biolóxica, unha nova rama da bioloxía. Considérase un antecedente da ecoloxía moderna
13 de decembro de 1908
Nace Elizabeth Alexander, considerada a primeira muller radioastrónoma. Durante a Segunda Guerra Mundial interpretou sinais anómalos de radar como emisións solares, achado clave neste campo
14 de decembro de 1901
Nace Helen Blair Barlett. Doutora en mineraloxía, desenvolveu un illante cerámico para buxías, que mellora o seu rendemento. Foi a primeira muller en acadar o rango de científica en General Motors
15 de decembro de 1951
Nace o químico Avelino Corma Canós. É recoñecido pola súa investigación sobre catalizadores aplicados á refinación de hidrocarburos e derivados da biomasa, o cal mellora a súa eficiencia e sostibilidade
16 de decembro de 1899
Nace a inmunóloga Eleanor Albert Bliss. A súa investigación contribuíu ao uso xeneralizado de antibióticos en medicina. Foi pioneira no uso de sulfonamidas para tratar infeccións bacterianas
17 de decembro de 2019
Jean-Jacques Muyembe-Tamfum, microbiólogo congolés, foi recoñecido pola revista Nature por liderar a investigación que descubriu o tratamento máis efectivo para o Ébola, mAb114
18 de decembro de 1881
Nace Gladys Rowena Henry Dick médica que, xunto ao seu esposo, identificou a bacteria causante da escarlatina, causante da morte infantil daquela, e desenvolveu unha vacina e antitoxina para tratala
19 de decembro de 1952
Comeza a Gran Smog de Londres, unha densa néboa tóxica causada por contaminación que provocou miles de mortes e transformou a lexislación ambiental británica
20 de decembro de 1870
Nace Rose Eudora Collom, botánica autodidacta que, aos 44 anos, comezou a estudar a flora de Arizona. Foi a primeira botánica remunerada do Gran Canón e descubriu varias especies
21 de decembro de 2020
A Axencia Europea do Medicamento aproba a vacina de Pfizer fronte á covid-19. Foi unha ferramenta chave na loita contra a pandemia
22 de decembro de 1958
Nace a farmacóloga María José Alonso Fernández. É pioneira na aplicación da nanotecnoloxía en fármacos, para conseguir o máximo beneficio na súa administración e efectos
23 de decembro de 1988
Nace o enxeñeiro aeronáutico Pablo Álvarez Fernández. En abril de 2024 graduouse como astronauta da Axencia Espacial Europea (ESA), o que o converteu no segundo español en facelo
24 de decembro de 1959
Nace a xeóloga Carlota Escutia Dotti. É coñecida polo seu traballo sobre a evolución xeolóxica da Antártida e o papel do casquete polar nos cambios climáticos globais
25 de decembro de 2021
A erupción do volcán Cumbre Vieja na illa canaria da Palma, en España, é declarada oficialmente concluída. Marcou un episodio dramático para a illa
26 de decembro de 1933
Paténtase a radio FM, inventada por Edwin Armstrong. Esta tecnoloxía permitiu transmisións de audio máis limpas, con menos interferencias e mellor calidade que a radio AM
27 de decembro de 1923
Nace a criptonalista Margaret Betts. Traballou en Bletchley Park desde 1943 ata 1945, operando máquinas para descifrar códigos nazis durante a Segunda Guerra Mundial
28 de decembro de 1818
Nace Carl Remigius Fresenius, un dos químicos máis importantes da historia. Pai da química analítica, sistematizou métodos e difundiunos mundialmente
29 de decembro de 1923
Nace o historiador, antropólogo, físico e político Cheikh Anta Diop. Estudou as orixes da humanidade e a cultura africana precolonial. A Universidade de Dakar adoptou o seu nome