1 de febreiro de 2005
Ten lugar o lanzamento da Rede Africana de Epidemioloxía de Campo (AFENET). O seu obxectivo é fortalecer os programas de formación en epidemioloxía en África
2 de febreiro de 1878
Nace a ornitóloga Leonora Jeffrey Rintoul. Traballou durante décadas xunto a Evelyn Vida Baxter, estudando, entre outros, os movementos das aves na illa de May
3 de febreiro de 1906
Nace a bioquímica Ilona Banga. Codescubriu a actomiosina e a primeira elastase. Tamén caracterizou como a actina e a miosina interactúan para producir a contracción muscular
4 de febreiro de 2000
Instáurase o Día Mundial contra o Cancro. Nesta data, organizacións e persoas de todo o mundo únense para concienciar sobre o cancro e facer del unha prioridade de saúde pública
5 de febreiro de 1958
Créase na Arxentina o Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET). O seu primeiro presidente foi Bernardo Houssay, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina
6 de febreiro de 1888
Williamina Fleming descobre a nebulosa Cabeza de Cabalo. En 1881 entrara como auxiliar temporal no observatorio do Harvard College, onde acabaría realizando numerosos descubrimentos
7 de febreiro de 1940
Nace a viróloga Nubia Muñoz Calero. Traballou na identificación do virus do papiloma humano como causante do cancro de colo uterino, un paso chave para desenvolver a vacina contra esta doenza
8 de febreiro de 1984
Falece a micóloga Gillian Fiona Laundon coñecida polo estudo das royas, fungos patóxenos de plantas, e por crear un novo sistema para a terminoloxía de esporas
9 de febreiro de 1900
Nace a arqueóloga Ann Axtell Morris. Foi unha importante colaboradora na tarefa de documentar e reconstruír o Templo dos Guerreiros no sitio arqueolóxico de Chichén Itzá no Iucatán
10 de febreiro de 1944
Falece o astrónomo Eugène Michel Antoniadi. Foi un destacado observador e un firme crítico da hipótese das canles de Marte
11 de febreiro de 2016
Celébrase o primeiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este día busca recoñecer o rol crítico de mulleres e nenas na ciencia e a tecnoloxía
12 de febreiro de 1959
Falece o pianista George Antheil. Foi coinventor, xunto á enxeñeira e actriz Hedy Lamarr, dunha tecnoloxía que se considera precursora das conexións sen fíos como a wifi
13 de febreiro de 1967
Faise público o achado en Madrid de dous códices perdidos de Leonardo da Vinci, con deseños de máquinas, fortificacións e tratados de mecánica de enorme valor histórico
14 de febreiro de 1961
Sintetízase o laurencio (número atómico 103) no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. En 1992, a IUPAC recoñeceu ao Instituto Central de Investigación de Dubná como codescubridor deste elemento
15 de febreiro de 2015
A física Nashwa Eassa recibe o Premio Fundación Elsevier para mozas científicas de países en desenvolvemento pola súa investigación sobre a redución da acumulación de película en semicondutores de alta velocidade
16 de febreiro de 1929
Nace a arqueóloga Anna-Liisa Hirviluoto. Especializouse na Idade de Ferro en Finlandia, da que salientan os seus traballos no xacemento de Ristimäki en Turku ou no cemiterio viquingo de Yläne
17 de febreiro de 1765
Nace o matemático e astrónomo James Ivory. Fundamentou o teorema de Ivory sobre seccións cónicas confocais
18 de febreiro de 901
Falece o astrónomo, matemático, musicólogo e tradutor Thábit ibn Qurra. Fundou unha escola de tradutores do grego ao árabe, chave para a difusión de textos de Arquímedes, Euclides ou Tolomeo
19 de febreiro de 1907
Nace o agrónomo, micólogo e promotor do esperanto Paul Neergaard. É considerado o pai da patoloxía de sementes, cuxo termo acuñou xunto coa escocesa Mary Noble nos anos 1940
20 de febreiro de 1893
Nace a psicóloga e avogada Sarah Elizabeth Marston. Atribúeselle, xunto co seu marido William Marston, o desenvolvemento da medición da presión arterial sistólica para detectar o engano
21 de febreiro de 1993
-
Falece a sismóloga danesa Inge Lehmann. Descubriu a descontinuidade que leva o seu nome, demostrando a existencia do núcleo interno sólido da Terra
22 de febreiro de 1943
Nace a física Lorella Margaret Jones. A súa investigación centrouse na física de alta enerxía, en particular a forza que une as partículas nucleares aos quarks
23 de febreiro de 2005
O grupo de radioastronomía da Universidade de Cardiff anuncia a descuberta dunha galaxia formada case integramente por materia escura. A súa particularidade é que non parece conter estrelas
24 de febreiro de 1304
Nace o explorador Ibn Battuta. É famoso pola súa obra La Rihla de Ibn Battuta, onde documenta as súas viaxes ao longo de máis de 100.000 km e que é fonte de coñecemento sobre a época
25 de febreiro de 2018
Fúndase a Axencia Espacial Africana (AfSA). Con sede en Exipto, encárgase de promover a cooperación entre as políticas espaciais dos estados membro da Unión Africana
26 de febreiro de 2006
-
Inauguración do Banco Mundial de Sementes de Svalbard ou Cámara Global de Sementes. Este almacén subterráneo conserva sementes de miles de plantas de todo o mundo