1 de xuño de 1922

Nace a viróloga Laura Ayres. Coordinou a primeira Enquisa Serolóxica Nacional de Portugal para determinar a prevalencia de doenzas no país

20260601

2 de xuño de 2014

Enxeñeiros do instituto KAIST (Corea do Sur) desenvolven un robot inspirado no velocirraptor, capaz de correr a 46 km/h. Mostraron como a biomecánica animal pode impulsar a robótica moderna

20260602

3 de xuño de 1983

Nace a enxeñeira química María Escudero Escribano. Investiga novos procesos e materiais para a conversión de enerxía renovable e produción de combustibles verdes e produtos sostibles

20260603

4 de xuño de 1783

Os irmáns Montgolfier realizan en Annonay (Francia) a primeira demostración pública do seu globo aerostático de aire quente, o cal marca o inicio da era da aviación

20260604

5 de xuño de 1981

A comunidade científica dá a coñecer os cinco primeiros caos de sida en EE. UU. Investigacións posteriores descubriron numerosos casos previos

20260605

6 de xuño de 1910

Nace o historiador Jaume Vicens Vives. A súa investigación enfocouse na Cataluña da Baixa Idade Media e é considerado unha autoridade na área da historia económica e social

20260606

7 de xuño de 2017

Os arqueólogos Abdelouahed Ben-Ncer e Jean-Jacques Hublin presentan o achado dos restos fósiles máis antigos de Homo sapiens en Jebel Irhoud (Marrocos)

20260607

8 de xuño de 1922

Nace Zoraida Luces, pioneira na botánica en Venezuela. Especialista no estudo das gramíneas, traballou no Instituto Botánico de Venezuela, institución que tamén chegou a presidir

20260608

9 de xuño de 1904

Nace William Joscelyn Arkell, experto en fósiles do Xurásico. O seu libro de 1956 reuniu e analizou estudos sobre esa era, unha obra chave que organizou e unificou o coñecemento sobre o Xurásico

20260609

10 de xuño de 1941

Nace a bioquímica Norah Olembo. Esta pioneira na biotecnoloxía africana fundou o Biotechnology Trust Africa para impulsar o uso de produtos biotecnolóxicos agrícolas innovadores

20260610

11 de xuño de 1907

Nace a pioneira en química e farmacia Josefa González Aguado. Traballou na determinación das raias analíticas cuantitativas de varios metais. A súa carreira viuse truncada por mor da Guerra Civil Española

20260611

12 de xuño de 1912

Nace a física nuclear Eva Crane. Recibiu unha colmea como agasallo de vodas e acabou dedicando 60 anos de carreira investigadora ao estudo das abellas

20260612

13 de xuño de 2016

O enxeñeiro Arthur Zang gaña o Premio África á Innovación en Enxeñaría polo seu Cardio-Pad, unha tableta médica que realiza e transmite electrocardiogramas en só 20 minutos

20260613

14 de xuño de 2000

Falece a nutricionista Elsie Widdowson. Investigou sobre desnutrición e, durante a II Guerra Mundial, supervisou a adición de vitaminas aos alimentos e o racionamento no Reino Unido

20260614

15 de xuño de 1934

Nace a informática Hu Qiheng. Impulsou a intelixencia artificial e o recoñecemento de padróns, e logrou que China se conectase a internet por primeira vez en 1994

20260615

16 de xuño de 1915

Nace a investigadora en medicina nuclear e bioquímica Katherine Austin Lathrop. Membro do Proxecto Manhattan, foi pioneira no estudo dos efectos da radiación en seres vivos

20260616

17 de xuño de 1987

Morre o derradeiro paxaro da Ammospiza maritima nigrescens, tamén chamado gorrión mariño escuro, o cal marca a súa extinción definitiva

20260617

18 de xuño de 1928

Amelia Earhart convértese na primeira muller en cruzar o Atlántico en avión. Aínda que esta vez non puido pilotar, a súa fazaña converteuna en símbolo da aviación e a igualdade de xénero

20260618

19 de xuño de 1957

Nace a viróloga Susana López Charretón. É recoñecida polas súas investigacións sobre rotavirus e mais polo seu labor divulgativo en temas de viroloxía

20260619

20 de xuño de 2016

China presenta Sunway TaihuLight, a supercomputadora máis rápida do mundo no seu momento, cun rendemento superior a 125 petaflops

20260620

21 de xuño de 2006

A Unión Astronómica Internacional dá os nomes de Nix e Hidra aos satélites do sistema binario formado por Plutón e Caronte

20260621

22 de xuño de 1037

Falece o médico, filósofo e astrónomo Ibn Sina (Avicena), coñecido como o príncipe dos médicos. Describiu moitas doenzas e propuxo tratamentos baseados en diagnósticos precisos

20260622

23 de xuño de 1973

Falece o cardiólogo Germán Somolinos. Tras a Guerra Civil Española exiliouse a México. Alí destacou como historiador, con investigacións valiosas sobre a práctica médica do século XVI

20260623

24 de xuño de 1921

Nace Rosemary Lowe-McConnell, recoñecida polos seus estudos sobre peixes tropicais grazas a expedicións en África e Suramérica. En 1997, recibiu a Medalla Lineanna pola súa carreira científica

20260624

25 de xuño de 1903

Marie Skłodowska-Curie defende a súa tese de doutoramento (titulada Investigacións sobre substancias radioactivas) na Facultade de Ciencias de París.​ Obtivo a mención cum laude

20260625

26 de xuño de 1976

Abre ao público a torre CN de Toronto (Canadá). Converteuse na estrutura autoportante máis alta do mundo, con 553 metros

20260626

27 de xuño de 2014

Descríbese unha nova especie de musaraña elefante: Macroscelides micus. Cun peso de aproximadamente 28 gramos, considérase a máis pequena das musarañas elefante

20260627

28 de xuño de 1825

Nace o químico Emile Erlenmeyer. Sintetizou a guanidina e a tirosina e explicou a estrutura de compostos como a lactona, mais é mundialmente coñecido polo matraz que leva o seu nome

20260628

29 de xuño de 2021

Falece a ornitóloga e educadora Audrey Msimanga. Investigou como ensinar ciencia en contextos locais, diversos e multilingües, e liderou escolas en Suráfrica

20260629

30 de xuño de 2016

A ONU declara o Día Internacional dos Asteroides. Brian May, guitarrista de Queen e astrofísico, impulsou esta data para alertar sobre o risco de impactos espaciais

20260630