1 de agosto de 1890

Nace Wilhelmine Mimi Johnson. Foi a primeira xeóloga de Noruega, fotografou minas en Kongsberg e foi conservadora do Museo Xeolóxico de Tøyen. Abriu camiño nun mundo dominado por homes

20260801

2 de agosto de 1926

O astrónomo Karl Wilhelm Reinmuth descobre o asteroide Aethusa (1064), situado no cinto principal entre Marte e Xúpiter. Toma o nome dunha planta tóxica europea

20260802

3 de agosto de 1949

Nace a química Carmenza Duque Beltrán. É especialmente coñecida polas súas investigacións sobre o aroma da froita e os compostos químicos presentes nos organismos mariños

20260803

4 de agosto de 1916

Nace Eeva Therman-Patau. Publicou extensamente sobre xenética do cancro, anomalías do cromosoma X e desenvolvemento sexual, entre outros temas

20260804

5 de agosto de 1813

Nace o filólogo, lingüista e naturalista Ivar Aasen. Estableceu un estándar de escritura da lingua norueguesa (landsmål) a partir de dialectos do oeste do país, que foi adoptado como oficial en 1885

20260805

6 de agosto de 1934

Nace a viróloga Ana Gligić. Realizou importantes contribucións á comprensión e o control das febres hemorráxicas virais, incluído o virus de Marburgo

20260806

7 de agosto de 1940

Nace a ictióloga Elly Cordiviola. Foi pioneira en estudar os peixes do río Paraná, as súas migracións e reprodución. O seu traballo axudou a conservar a biodiversidade acuática arxentina

20260807

8 de agosto de 1925

Nace a bióloga Jeanne Renaud-Mornant. Descubriu decenas de especies de tardígrados, animais microscópicos capaces de sobreviviren en condicións extremas

20260808

9 de agosto de 1880

Falece o horticultor Edmond Albius. Con 12 anos, inventou o método de polinización da orquídea Vanilla planifolia que aínda hoxe permite o seu cultivo rendible fóra do seu hábitat natural

20260809

10 de agosto de 1922

Nace a bióloga Mary Alice McWhinnie. Foi a primeira muller en navegar durante dous meses no Antártico. O seu obxectivo era estudar a relación entre a temperatura da auga e a fisioloxía do krill

20260810

11 de agosto de 1926

Nace a médica Ruth Wynne-Davies. Especialista en ortopedia, investigou e escribiu, entre outros temas, sobre a xenética do pé equinovaro e mais a escoliose

20260811

12 de agosto de 2026

Ten lugar unha eclipse total solar. Pode verse no extremo norte de Siberia, o extremo oeste de Islandia, a illa de Groenlandia e a maior parte do norte de España

20260812

13 de agosto de 1948

Nace a xeóloga Maureen Muggeridge. En 1979, descubriu o depósito de diamantes de Argyle, no norte de Australia occidental, un dos máis grandes do mundo

20260813

14 de agosto de 1645

Nace o polímata Carlos de Sigüenza y Góngora. Foi un dos promotores das matemáticas na Nueva España e dirixiu as escavacións en Teotihuacán en 1675, as primeiras do México virreinal

20260814

15 de agosto de 1890

Nace a axudante de laboratorio Andromache Papanicolaou. Durante 21 anos foi voluntaria para que o seu esposo George lle realizase citoloxías na procura dunha proba do cancro de útero

20260815

16 de agosto de 1821

Nace Arthur Cayley, matemático británico, creador do cálculo matricial, base da álxebra lineal. Publicou máis de 900 artigos e revolucionou a xeometría

20260816

17 de agosto de 2017

Philiswa Nomngongo recibe o Premio ás Mulleres na Ciencia en Suráfrica. Investiga a química analítica ambiental e o uso de nanomateriais para o tratamento e análise de augas

20260817

18 de agosto de 2026

Día Internacional da Arqueoloxía. Esta ciencia da rama das humanidades permite entender o noso pasado e presente. A data lembra o asasinato do arqueólogo sirio Khaled al Asaad

20260818

19 de agosto de 1960

As cadelas Belka e Strelka viaxan ao espazo exterior no Korabl-Sputnik 2, acompañadas de ratos, ratas e plantas. Foron os primeiros seres vivos en sobrevivir a unha viaxe espacial

20260819

20 de agosto de 1897

Ronald Ross observa o parasito da malaria nun mosquito Anopheles. A súa descuberta permitiu entender como se transmite a enfermidade. Gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1902

20260820

21 de agosto de 1816

Nace o químico Charles Frédéric Gerhardt. Traballou na reforma da notación de fórmulas químicas. Tamén estudou, entre outros, a síntese do ácido acetilsalicílico, base da aspirina

20260821

22 de agosto de 1935

Nace o bioquímico Christopher J. Chetsanga. Fixo contribucións pioneiras no estudo da reparación do ADN, descubrindo enzimas chave neste proceso fundamental na loita contra o cancro

20260822

23 de agosto de 1918

Nace a física e meteoróloga Anna Mani. Deseñou instrumentos para medir radiación solar, ozono e vento, claves para entender o clima e as enerxías limpas

20260823

24 de agosto de 1884

Nace a entomóloga Annette Braun. Foi unha recoñecida experta en microlepidópteros, pequenas couzas cuxas larvas viven dentro de follas. Describiu máis de 340 especies e revolucionou a entomoloxía

20260824

25 de agosto de 1760

Falece o arquitecto e enxeñeiro Eugénio dos Santos. Foi responsable da reconstrución de Lisboa tra o terremoto de 1755, seguindo criterios antisísmicos que marcaron un fito na enxeñaría

20260825

26 de agosto de 1935

Nace a programadora Karen Spärck Jones. Desenvolveu o indicador IDF, que mide a relevancia dunha palabra nun texto para identificar información chave en documentos dixitais

20260826

27 de agosto de 1842

Nace a inventora Carrie Jane Everson. Patentou un método para separar minerais usando burbullas de aceite, base da flotación por espuma. A súa técnica revolucionou a minaría moderna

20260827

28 de agosto de 2026

Día Mundial da Síndrome de Turner, unha anomalía cromosómica que foi descrita por Henry Turner en 1938. Afecta a persoas de sexo feminino e pode causar baixa estatura ou infertilidade, entre outros

20260828

29 de agosto de 1873

Nace a filóloga Maria Goyri. Foi pioneira en filoloxía e literatura española. Defendeu a educación das mulleres e estudou o romanceiro popular xunto a Ramón Menéndez Pidal

20260829

30 de agosto de 2021

A ONU confirma a erradicación da gasolina con chumbo a nivel mundial. Este logro evita máis de 1,2 millóns de mortes anuais e aforra máis de 2,4 billóns de dólares

20260830

31 de agosto de 1870

Nace a médica e pedagoga Maria Montessori. O seu método educativo, usado en todo o mundo, fomenta a autonomía infantil e a aprendizaxe a través da experiencia

20260831