1 de xullo de 998

Falece o matemático e astrónomo Abu’l-Wafa. Introduciu a función tanxente, mellorou métodos de calcular as táboas de trigonometría e descubriu a fórmula do seno para a xeometría esférica

20260701

2 de xullo de 1914

Nace Mário Schenberg, recoñecido como o físico teórico máis importante do Brasil. Son especialmente coñecidas as súas contribucións esenciais para entender as estrelas

20260702

3 de xullo de 1886

Karl Benz patenta oficialmente o Benz Patent Motorwagen, considerado o primeiro automóbil autopropulsado por motor de combustión interna

20260703

4 de xullo de 1956

Nace a matemática Carme Torras Genís. Especialista en intelixencia artificial e robótica, compaxina a súa investigación sobre robótica asistencial coa escritura literaria e a tecnoética

20260704

5 de xullo de 1906

Nace a petróloga Ljudmila Dolar Mantuani. Publicou extensamente sobre tecnoloxía do formigón e os factores relacionados coa calidade do árido

20260705

6 de xullo de 1985

Créase a Academia Africana de Ciencia (AAS) en Nairobi (Kenya), como unha institución panafricana dedicada a impulsar a ciencia en África

20260706

7 de xullo de 1899

Nace a fisióloga e toxicóloga Anna Baetjer. Investigou como o traballo industrial afecta á saúde das mulleres e propuxo melloras de seguranza e de horarios (polas responsabilidades domésticas)

20260707

8 de xullo de 2021

O enxeñeiro químico Noël N’Guessan gaña o Premio África á Innovación en Enxeñaría polo sistema Kubeko para a xestión de subprodutos das colleitas e a súa transformación en compost e gas

20260708

9 de xullo de 1926

Nace a médica Mathilde Krim. Foi membro do equipo que desenvolveu por primeira vez un método para a determinación prenatal do sexo

20260709

10 de xullo de 1724

Nace a agrónoma e científica Eva Ekeblad. Descubriu como facer fariña e alcohol con patacas, o cal axudou a combater a fame. Foi a primeira muller en entrar na Academia de Ciencias de Suecia

20260710

11 de xullo de 1811

O científico Amedeo Avogadro publica un ensaio sobre o contido molecular dos gases. A súa hipótese daría lugar á lei de Avogadro, fundamental para a química moderna

20260711

12 de xullo de 1863

Nace o médico Albert Calmette. Descubriu, xunto co veterinario Camille Guérin, unha forma atenuada de Mycobacterium tuberculosis que se empregou na vacina para a tuberculose

20260712

13 de xullo de 2023

Sara García Alonso recibe o Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga. Esta investigadora en bioloxía molecular é ademais membro da reserva de astronautas da Axencia Espacial Europea

20260713

14 de xullo de 1960

Jane Goodall chega á reserva do Gombe Stream (Tanzania) para iniciar o seu revolucionario estudo do comportamento dos chimpancés en liberdade

20260714

15 de xullo de 1793

Nace a botánica Almira Lincoln Phelps. Os seus escritos sobre botánica influíron sobre outras mulleres da época que se dedicaron a esta ciencia, como Eunice Newton Foote

20260715

16 de xullo de 1962

O explorador Michel Siffre intérnase nunha cova para realizar un experimento pioneiro de cronobioloxía e percepción do tempo. Saíu dous meses despois pensando que só pasaran 35 días

20260716

17 de xullo de 1873

Nace a neurofisióloga Marcelle Lapicque. É coñecida polas súas investigacións sobre os impulsos nerviosos (cronaxia) e os efectos dos velenos, nomeadamente a estricnina, sobre a cronaxia

20260717

18 de xullo de 1853

Nace o físico Hendrik Lorentz. Foi galardoado co Premio Nobel en 1902 polas súas investigacións sobre a influencia do magnetismo nos fenómenos eléctricos

20260718

19 de xullo de 2018

Publícase o primeiro mapa cerebral completo dunha mosca da froita (Drosophila melanogaster) con resolución nanométrica, usando 7.000 cortes e 21 millóns de imaxes

20260719

20 de xullo de 1896

Nace a xeóloga Ellen Louise Mertz. Levou a cabo unha investigación pioneira para os Ferrocarrís Estatais Daneses que serviu de base para a construción da antiga ponte do Pequeno Belt

20260720

21 de xullo de 2000

O experimento DONUT de Fermilab mostra por primeira vez interaccións do neutrino tau captadas en placas de emulsión, o que confirma a existencia desta partícula

20260721

22 de xullo de 1946

Celébrase unha conferencia internacional en que se decide crear a Organización Mundial da Saúde (OMS) como organización global para mellorar a saúde pública

20260722

23 de xullo de 1999

Eileen Collins convértese na primeira muller en comandar unha misión dun transbordador espacial da NASA (a misión STS-93 do Columbia)

20260723

24 de xullo de 1874

Nace a química Ruth Pirret. Xunto a Frederick Soddy, investigou a química dos elementos radioactivos. A súa investigación contribuíu á comprensión da desintegración radioactiva

20260724

25 de xullo de 2005

O médico patólogo forense Bennet Omalu publica o seu descubrimento da encefalopatía traumática crónica (CTE) en xogadores de fútbol americano, o cal marca un fito na medicina deportiva

20260725

26 de xullo de 1919

Nace James Ephraim Lovelock, médico, meteorólogo, escritor, inventor, químico atmosférico e ambientalista, famoso pola hipótese Gaia, que visualiza a Terra como un sistema autorregulado

20260726

27 de xullo de 1921

Os médicos Frederick Banting e Charles Best conseguen illar e purificar insulina a partir de páncreas de can. Liberaron a súa patente para o beneficio da humanidade

20260727

28 de xullo de 1966

Nace a química Sossina M. Haile. Investigadora na área de ciencia dos materiais, é coñecida por desenvolver as primeiras pilas ou celas de combustible de ácidos sólidos

20260728

29 de xullo de 1939

Nace a bióloga Marion J. Lamb. Estudou o efecto de condicións ambientais –como a calor, a radiación ou a polución– na actividade metabólica e a variabilidade xenética da mosca Drosophila

20260729

30 de xullo de 1917

Licénciase Isabel Ovín Camps, primeira española licenciada en Ciencias Químicas, tras completar os seus estudos na Universidade de Sevilla

20260730

31 de xullo de 1939

Nace a zoóloga Marvalee Hendricks Wake. É coñecida pola súa investigación sobre a bioloxía do desenvolvemento, anatomía e reprodución das cecilias, un tipo de anfibios sen extremidades

20260731