1 de maio de 1753

Publícase Species Plantarum de Carl Linnaeus. Este traballo considérase o punto de partida oficial da taxonomía vexetal que aínda se usa hoxe en día, segundo o código internacional

20260501

2 de maio de 1903

Nace a física Gladys Isabel Harper. Estudou raios X e desenvolveu unha teoría para analizar radiación composta e crear feixes monocromáticos, clave en espectroscopia moderna

20260502

3 de maio de 1945

Falece o naturalista e oceanógrafo Odón de Buen. Entre as súas numerosas achegas, a que máis transcendeu é a creación do Instituto Español de Oceanografía en 1914

20260503

4 de maio de 1884

Nace a química Agnes Fay Morgan. O seu traballo relacionou a diminución da densidade ósea co aumento da idade e correlacionou os niveis sanguíneos de colesterol coas graxas da dieta

20260504

5 de maio de 2014

Falece a enxeñeira Sonny Jiménez de Tejada. É lembrada por contribuír ao acceso da muller á universidade en Colombia, país do que foi a primeira licenciada en Enxeñaría Civil e de Minas

20260505

6 de maio de 1912

Nace Elizabeth Joan Stokes. Desenvolveu un método estandarizado para probar a sensibilidade aos antibióticos, o chamado método de Stokes, que foi a proba estándar ata a década de 1980

20260506

7 de maio de 1854

Nace o matemático Giuseppe Veronese. Descubriu a "superficie de Veronese", unha idea chave na xeometría que estuda formas en espazos de máis dimensións

20260507

8 de maio de 2023

Falece a entomóloga Yiau-Min Huang. Salientan as súas investigacións sobre os mosquitos implicados na transmisión do dengue, o chikunguña, o Zika e a febre amarela

20260508

9 de maio de 1930

Nace o virólogo Albert Kapikian. Identificou o virus de Norwalk (un tipo de norovirus) e desenvolveu a primeira vacina fronte ao rotavirus. Ambos causan gastroenterite

20260509

10 de maio de 28 a

e.c. Astrónomos da dinastía Han na China documentan unha mancha solar, un dos primeiros rexistros escritos deste fenómeno astronómico

20260510

11 de maio de 1933

Nace Anna Marguerite McCann. Foi pioneira no eido da arqueoloxía subacuática desde a década de 1960. Comezou a facer mergullo con Jacques Cousteau explorando antigos naufraxios romanos preto de Marsella

20260511

12 de maio de 1950

Nace a filóloga Ana María Cano González. Salientan os seus estudos sobre a lingua asturiana do val de Somiedo. Presidiu a Academia de la Llingua Asturiana durante 16 anos

20260512

13 de maio de 2016

Lánzase a sonda MarumaSat I no marco do proxecto educativo NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega). A sonda ascendeu ata os 25.000 metros e, posteriormente, puido ser recuperada con éxito

20260513

14 de maio de 1988

Nace a xeóloga e astronauta da NASA Jessica Watkins. En 2022 converteuse na primeira muller negra en realizar unha misión de longa duración na Estación Espacial Internacional

20260514

15 de maio de 1991

Falece o historiador Amadou Hampâté Bâ. Realizou investigacións etnolóxicas e recompilou tradicións africanas; dela recórdase a súa frase: Cando unha persoa anciá morre, unha biblioteca arde

20260515

16 de maio de 1888

O enxeñeiro eléctrico e inventor Nikola Tesla presenta o seu sistema para xerar e transmitir corrente alterna, base da electrificación a grande escala

20260516

17 de maio de 1912

Nace a inventora Mary Kenner. É coñecida polo desenvolvemento do cinto sanitario axustable cun peto impermeable para compresas, que tentaba evitar que o sangue menstrual manchase a roupa.​

20260517

18 de maio de 2026

Día Internacional dos Museos. Trátase dun bo día para lembrar que os museos científicos teñen un papel fundamental para que a ciencia chegue ao conxunto da sociedade

20260518

19 de maio de 1966

Outorgan o Premio de Investigación Técnica "Juan de la Cierva" a Piedad de la Cierva Viudes, polo seu traballo sobre fabricación de ladrillos refractarios con casca de arroz

20260519

20 de maio de 1570

O cartógrafo Abraham Ortelius publica Theatrum Orbis Terrarum, o primeiro atlas moderno que reuniu mapas coherentes do mundo e marcou, así, o inicio da cartografía científica

20260520

21 de maio de 1904

Nace a paleobotánica Emily Dix, experta en plantas fósiles do Carbonífero. Os seus estudos no sur de Gales axudaron a entender a formación do carbón e a historia vexetal da Terra

20260521

22 de maio de 2026

Celébrase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, que lembra a importancia de protexer a variedade da vida na Terra e os ecosistemas que a sustentan

20260522

23 de maio de 2001

Falece o científico Olumbe Bassir. As súas principais investigacións centráronse en nutrición e toxinas alimentarias. Defendeu a ciencia como ferramenta para a paz e o desenvolvemento

20260523

24 de maio de 1870

Nace a botánica Ynes Mexia. Recolleu máis de 145.000 plantas en América. O seu labor permitiu descubrir centos de especies novas e ampliar o coñecemento botánico mundial

20260524

25 de maio de 1919

Nace o matemático e lóxico Raymond Smullyan. É famoso polas súas adiviñas, filosofía e maxia, combinando diversión e razoamento en libros que inspiraron a xeracións

20260525

26 de maio de 1799

Nace o naturalista Felipe Poey Aloy. Estudou os peixes de Cuba durante 50 anos. A súa obra Ictiología Cubana é chave para a zooloxía e publicouse integramente no ano 2000

20260526

27 de maio de 1332

Nace o historiador, sociólogo, xeógrafo e filósofo Ibn Jaldún. Considerado o pai da socioloxía, a súa obra Al-Muqaddimah estudou como funcionan as sociedades, a economía e a política

20260527

28 de maio de 1927

Nace a química Xu Xiaobai. Investigou materiais fluorescentes e compostos químicos complexos, que axudou a avanzar en luminarias e mais no estudo de hidrocarburos aromáticos

20260528

29 de maio de 1970

Falece a ecóloga e limnóloga Kathleen. E. Carpenter. Destacou pola súa investigación dos efectos da contaminación mineira en organismos acuáticos. En 1928 publicou o primeiro libro británico sobre limnoloxía

20260529

30 de maio de 1963

Nace Helen Patricia Sharman, química e cosmonauta. En 1991 converteuse na primeira persoa británica en viaxar ao espazo e na primeira muller en visitar a estación espacial Mir

20260530

31 de maio de 1887

Nace a micóloga Ethel Mary Doidge. Grazas aos seus coñecementos sobre bacterias e fungos logrou resolver problemas de importancia para a agricultura

20260531